• +34.981.167000
  • coordinacion.master.bioinformatica.fic@udc.es

Cátedra

Cátedra

BASES DA CONVOCATORIA DE BECAS PARA A MOBILIDADE DE ESTUDANTES DO MESTRADO EN BIOINFORMÁTICA. CÁTEDRA “HANDYTRONIC Grupo Telecon”

Obxecto da convocatoria

A cátedra Handytronic-Grupo Telecon convoca becas para mobilidade internacional do estudantado do Mestrado de Bioinformática para Ciencias da Saúde da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña para o curso académico 2018-2019.

Preténdese con iso promover a mobilidade dos estudantes do Mestrado e mellorar o nivel de idiomas do alumnado así como o coñecemento integral dos beneficiarios.

Becas e contías

Convócase 1 bolsa para estudantes do Mestrado de Bioinformática en Ciencias da Saúde cunha bolsa de mobilidade Erasmus aprobada ou en fase de tramitación cunha contía de 1.200 euros.

A mobilidade poderán desenvolverse nas Universidades coas que a Facultade de Informática ten establecido o convenio de mobilidade Erasmus. En casos excepcionais a dirección da Cátedra poderá aceptar solicitudes de mobilidade diferentes.

A becas será para a estancia dun cuadrimestre no ano académico 2018-2019.

Estas becas son compatibles e complementarias a outras becas que o beneficiario/a puidese obter ou ter obtido para a mesma estancia.

Datas

  • Presentación de solicitudes: Do 3 – 10 de abril de 2019
  • Data de resolución estimada: 25 de abril de 2019

Proceso de selección e execución da beca

O proceso de selección estará formado polas seguintes fases:

Primeira Fase. Solicitude.

As persoas interesadas deberán presentar a súa candidatura a través do formulario desta páxina (https://www.master.bioinformatica.fic.udc.es/catedra/) atendendo aos seguintes requisitos:

  • A inscrición so se producirá cando as persoas solicitantes cumprimenten e presenten correctamente os datos e documentos requiridos segundo os criterios de solicitude indicados nesta mesma convocatoria.
  • De ser correcta a solicitude, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación da correcta inscrición. De non ter recibido dito correo electrónico entenderase que non foi inscrita correctamente polo que quedará excluída do proceso. Dito correo indicará:

“A súa solicitude foi recibida correctamente e rexistrada co número de referencia __.”

A comisión de selección emitirá a resolución en 2 días dende o remate do prazo de presentación de solicitudes

  • Confirmada a solicitude, a persoa pasará a segunda Fase (Baremación).
  • A fase de solicitude será de 7 días a contar dende o día seguinte á publicación da presente convocatoria.

Segunda Fase. Baremación.

  • Todas as solicitudes debidamente confirmadas pasarán á comisión de selección para a súa baremación conforme aos criterios de baremación indicados nesta mesma convocatoria. A comisión de selección estará formada pola dirección da Cátedra Handytronic-Grupo Telecon.
  • A Comisión de Selección elaborará unha lista ordenada de candidatos segundo a puntuación obtida conforma aos criterios de baremación.

Terceira Fase. Formalización.

  • A persoa seleccionada será requirida para a formalización da beca para o que se lles pedirá a documentación indicada nos criterios de formalización desta mesma convocatoria.

Cuarta Fase. Estadía.

  • A persoa seleccionada deberá realizar a estadía de mobilidade durante un cuadrimestre na Universidade de destino correspondente e cursar os estudos comprometidos.
  • Unha vez incorporada na Universidade de destino, a Cátedra procederá ao abono íntegro da beca.

Quinta fase. Finalización.

  • Tralo retorno da persoa beneficiaria, a persoa beneficiara deberá enviar un breve resumo das materias cursadas ou traballo realziado e a equivalencia coas materias do Mestrado de Bioinformática cunha breve descrición de ata 300 caracteres.
  • Con dita memoria remata o proceso da beca.

Criterios de Inscrición

Os requisitos para solicitar as bolsas de mobilidade Handytronic-Grupo Telecon son:

  • Dispor de DNI vixente no momento de tramitar a documentación.
  • Estar matriculado como alumno/a no Mestrado en Bioinformática para Ciencias da Saúde da UDC.
  • Cubrir o formulario electrónico dispoñible nesta páxina web: https://www.master.bioinformatica.fic.udc.es/catedra e presentar a documentación requirida que se indica a continuación
    • DNI vixente.
    • Certificado de notas expedido pola Secretaría Virtual da UDC.
    • Se procede, documentación que xustifique a solicitude ou concesión da axuda Erasmus de mobilidade ou similar: por exemplo matrícula, correos electrónicos de aceptación da Universidade de destino, concesión Erasmus, etc. De non dispor, carta ou correo de aceptación da Universidade de destino

As persoas interesadas deberán presentar copia da documentación esixida por vía telemática no enderezo coordinacion.master.bioinformatica.fic@udc.es. De ser elixido e no momento da entrevista persoal se é preciso, poderaselle exixir os orixinais da documentación aportada, con excepción do extracto de expediente académico que será comprobado pola propia Cátedra cos Servizos Administrativos da Facultade de Informática. De non cumprirse os datos aportados previamente ou de non poder comprobalos por carecer dos orixinais, a candidatura será anulada e procederá a seleccionarse o seguinte candidato la lista.

Criterios de baremación

Todas as candidaturas inscritas serán valoradas pola comisión de avaliación seguindo os seguintes criterios:

  • Idiomas ata un máximo de 15 puntos.
    • Nivel C1/C2: 15 puntos.
    • Nivel B2: 10 puntos.
    • Nivel inferior a B1: 5 puntos.
  • Nota media ata un máximo de 15 puntos. Os puntos será asignados de forma lineal entre os 7 e os 10 puntos de nota media sendo, a modo de exemplo os seguintes:
    • Nota media 7: 5 puntos
    • Nota media 8,5: 10 puntos
    • Nota media 10: 15 puntos
  • Entrada da solicitude. En caso de empate será seleccionada por orde data e hora de solicitude.

Criterios de formalización

As persoas admitidas deberán presentar para formalizar a beca a seguinte documentación:

  • Conta bancaria en España para o abono da beca.
  • Compromiso de participación no programa educativo de destino (asistencia ás clases).

Acceso al formulario de solicitud de la beca de movilidad